Tuesday 14 de May de 2024

A Casa da Cultura acollerá o martes un recital poético e a presentación da Revista Olga


O acto, presentado polo autor nedense Vicente Araguas, dará comezo ás 19 horas con entrada libre, e finalizará con actuación musical

A Casa da Cultura de Neda acollerá o vindeiro martes 23 de agosto un recital poético e a presentación da Revista Olga. O acto estará conducido polo escritor Vicente Araguas, Fillo Predilecto de Neda, e dará comezo ás 19 horas con entrada libre. No mesmo, tomarán a palabra os autores Luz Airado, Lidia Teixeiro, Manuel Pereira Valcárcel, Rafa Yáñez, Xoán García, Antonio Polo, Nacho Cadenas, Manuel Patinha, Xosé María Dobarro, Carlos Neira e Marcos Abalde.

Así mesmo, ó remate do mesmo, o público poderá seguir as actuacións musicais de Miro Casabella, Xoán Rubia e Paco Montero.